Inicio-Novas
JOSÉ ANTONIO DONO VISITOU ESTA MAÑÁ, CO OBRADOIRO DE EMPREGO, A CASA ESCOLA DE SANTA CRISTINA DE VEA
- 22/07/2010 -
JOSÉ ANTONIO DONO VISITOU ESTA MAÑÁ, CO OBRADOIRO DE EMPREGO, A CASA ESCOLA DE SANTA CRISTINA DE VEA

A Estrada, 23 de xullo. José Antonio Dono, alcalde da Estrada, visitou esta mañá a antiga Casa-Escola de Santa Cristina de Vea, que  foi reformada recentemente polo Obradoiro de Emprego A Estrada VII. Nesta visita estivo acompañado polos alumnos, profesores e equipo directivo deste proxecto formativo.
 
A reforma executada supuxo a construción dunha nova cuberta, a base de planchas de fibrocemento e tella curva do país, para substituír á anterior, moi deteriorada. Tamén instalaron canalizacións de recollida das augas pluviais. Ademais, instaláronse novas fiestras e persianas en varios tramos do edificio nos que era preciso anovalas. No exterior, deuse un novo revocado ás fachadas, que tamén foron pintadas, para mellorar o seu aspecto e protexelas da humidade.
 
A reforma incluíu melloras na accesibilidade dos usuarios, coa construción de ramplas de acceso ao edificio, e a adaptación dos aseos para a súa utilización por parte de persoas con mobilidade reducida. Tamén se fixo unha nova canalización das augas residuais.
 
Para o interior do edificio, os alumnos do módulo de carpintería realizaron distintos mobles e marcos de fotos cos que se decoraron as estancias da escola. Os alumnos do Obradoiro tamén construíron e instalaron un biombo móbil, que permite separar a sala única da planta baixa da escola en dous ámbitos diferenciados. A reforma incluíu, por último, a execución dunha nova chimenea.
 
Os veciños de Santa Cristina participarán hoxe, a partires das 22:00 horas, nun acto de inauguración deste centro veciñal Acto ao que estan convidados todo o persoal directivo, docente e alumnado do Obradoiro así como os veciños de Santa Cristina.
 
 
 



<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Buscador (novas/eventos)
Calendario
O tempo
Néboa
14º25º
Temp actual: 15 º
Néboa
Humidade: 100%
Vento: N a 3 km/h
Ligazóns de interese
Xunta de Galicia
Web do Concello
Web UPD Mancomunidade de Vigo
Legal  |  Contacto
O.E. A ESTRADA VII - Lugar Figueroa de Arriba Nº29, 36680 A Estrada. Tel 986 573 336 Fax 986 573 336
Fondo social europeoXunta de GaliciaEscolas Obradorio e Obradorios de empregoUPDMAIV logo_escola W3C