Inicio-Legal
Condicións e termos de uso da web institucional

Propiedade intelectual

  • A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo é titular do dominio de internet de segundo nivel updvigo.org
  • Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
  • Esta Web pretende fomentar o intercambio de información entre o persoal e o alumnado das Escolas Obradoiro, Obradoiros de Emprego, Casas de Oficios e Entidades promotores.

Cláusula de exención de responsabilidade
  • O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos.
  • A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
  • A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
  • A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución
  • A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Caixas de correo
  • A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, agás as do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Servizo
  • Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Recomendacións de acceso
  • A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
  • Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Mozilla e derivados (Firefox),  Opera, Internet Explorer, etc.
  • En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels como mínimo

Termos de uso
  • Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
  • Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
  • O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Privacidade
  • A política de privacidade da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
  • O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento dos usuarios, que teñen dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.

Buscador (novas/eventos)
Calendario
O tempo
Néboa
14º25º
Temp actual: 13 º
Néboa
Humidade: 100%
Vento: N a 0 km/h
Ligazóns de interese
Xunta de Galicia
Web do Concello
Web UPD Mancomunidade de Vigo
Legal  |  Contacto
O.E. A ESTRADA VII - Lugar Figueroa de Arriba Nº29, 36680 A Estrada. Tel 986 573 336 Fax 986 573 336
Fondo social europeoXunta de GaliciaEscolas Obradorio e Obradorios de empregoUPDMAIV logo_escola W3C