O proxecto. DescriciónDescrición do territorio
O Concello da Estrada sitúase ao Norte da provincia de Pontevedra, conforma xunto con Forcarei e Cerdedo a comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Limita ao Norte co río Ulla, fronteira natural coa provincia da Coruña, e cos concellos coruñeses de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón; ao Sur con Campo Lameiro e Cerdedo; ao Leste con Silleda e Forcarei e ao Oeste con Pontecesures, Valga e Cuntis. A súa superficie é de 280,8 km2 , na que se distribúen 515 entidades menores de poboación nun total de 51 parroquias. O número de habitantes no ano 2006 era de 22.013 (10.420 homes e 11.593 mulleres) o que supón una densidade demográfica de 78,39 hab./km2.
Historia dos programas EO/OE promovidos anteriormente pola entidade promotora
O Obradoiro de emprego “A Estrada VII”, promovido polo Concello da Estrada e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo é o sétimo proxecto destas características que se está desenvolver no Concello. No ano 1992 ponse en marcha o primeiro proxecto consistente na Escola Obradoiro denominada “Irmáns Valladares”, que rematou no ano 1994. A obra a realizar foi a rehabilitación do antigo edificio do Matadoiro Municipal para a ubicación do Museo.
A partires de aí fóronse sucedendo os distintos Obradoiros de Emprego. O anterior Obradoiro “A Estrada VI” que rematou en xuño de 2009, rehabilitou catro escolas unitarias, acondicionou o local no teatro principal e instalou paneis solares no campo de fútbol de Figueroa e no pavillón Coto Ferreiro, executando un noventa e cinco por cen das obras do proxecto.
Descrición do proxecto OE “A Estrada VII”
O Obradoiro sito en Lugar de Figueroa de Arriba nº 29, comezou a súa actividade o 1 de outubro de 2009 e rematará o 30 de setembro do 2010.
Conta cun total de 31 traballadores, unha directora economista, unha titora, tres expertos docentes nos oficios de Albanelaría, Carpintaría e Instalacións e un total de 26 alumnos traballadores, dos cales un 85 % son mulleres.
O obxectivo é que nos doce meses de funcionamento o alumnado traballador, que ata a súa incorporación ao proxecto estaban en situación de desemprego, adquiran a formación e destrezas profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral coas suficientes garantías de atopar un posto de traballo por conta allea ou por conta propia.
Ao longo destes meses o alumnado traballador realizará actuacións de rehabilitación de tres escolas unitarias, Lagartóns, Toedo e Santa Cristina de Vea, que serán destinados locais sociais para encontros veciñais e nos que o concello instalará “rural centros”, con ordenadores e conexión wifi internet.
As intervencións nas Escolas inclúen desde a construción de cubertas de fibrocemento con tella curva do país, as instalacións eléctricas e de fontanaría, instalación de foxas sépticas, redistribución dos espazos interiores, solado, azulexado, reparación de fachadas. Dotándose todas as escolas dun aseo para persoas discapacitadas e habilitando o acceso deles. O módulo de carpintaría realiza mobiliario diverso: mesas, bancos, cadeiras, tallos, percheiros, cadros, estantes, armarios, portas,... para as Escolas Unitarias.
O módulo de instalacións realiza tamén instalación de dez paneis solares para produción de auga quente no campo de fútbol da Baiuca.
Para desenvolver os proxectos descritos se establecen 3 especialidades:


![]() 14º25º
|
Temp actual: 13 º
Néboa
Humidade: 100%
Vento: N a 0 km/h
|